24 de marzo de 2007

PONTE MEDIEVAL DE VILARIÑO (II)

Preséntovos nesta entrada tres importantísimos vestixios , case ocultos pola vexetación, da antiga ponte medieval de Vilariño e do camiño que accedía a ela.
Na foto da esquerda obsérvase o pear que hai da banda de Agolada, un muro sólido de cachotería, asentado nunha rocha que toca o río.
Na foto do medio, aparece a inscrición que recolle a data de construción da ponte. Está nunha rocha á beira da calzada, xa na banda de Lalín. A inscrición di o seguinte: ELAVORvEUVF IISTA PO:NTE ERA d CCC 2 FETKEF...IFI (Ano 814, terminada o 1º de febreiro: kalendas februari).

A foto inferior recolle un tramo de camiño de forte pendente. Está a medio camiño entre Cadrón e a Ponte. Aquí consérvase máis de quilómetro e medio do antigo camiño. Bastante deteriorado. Pero pode verse con claridade o seu trazado e os muros de contención nas zonas de maior pendente. Esta foto fíxena no pasado agosto, despois de que un incendio despexara o camiño da maleza que impedía acceder a el. Vese que non hai mal que por ben non veña.
Destaco a importancia desta ponte polo que supuxo para o nacemento de Agolada. Por aquí pasaron os camiños que lle deron relevo e importancia a Agolada. Desde a Idade Media ata a actualidade.

Ningún comentario:

Publicar un comentario