3 de xullo de 2013

II ENCONTRO CORAZÓN DA ARTESANÍA NOS PENDELLOS DE AGOLADA


Permitídeme só algunhas reflexións ao respecto deste evento:
1.- Que sorte a de Agolada contar con esta magna exposición de artesanía. Todo un regalo da Xunta de Galicia!
2.- Esta é a arquitectura viva dos Pendellos que sempre soñamos, con xente e para a xente, para ser usada.
3.- O apoio institucional da I Edición foi total. Agolada durante tres días cobrou un interese inusitado para esta pequena localidade. A repercusión mediática e a campaña de difusión dos Pendellos foi inmensa. A presente edición ofrece atractivos abondo para converterse nun éxito superior.
4.- A variedade de actos é reseñable: artesanía, artesanos traballando en vivo, gastronomía, catas, debates, obradoiros, talleres, conferencias, actuacións musicais, etc.
 5.- Os que algún día traballamos desde a Amigos dos Pendellos debemos sentirnos recompensados por que isto comece a rexurdir, aínda que non sexa exactamente como o concibimos desde o inicio.
6.- Isto tería que ser só a antesala dun proxecto sólido, permanente e ilusionante. Os Pendellos deben ter vida a cotío: aí está esa iniciativa de mercado os últimos sábados de cada mes, a pretensión de varios artesáns para instalarse con taller permanente nalgún pendello. A idea de un albergue ou pousada, o funcionamento diario dos pendellos-comedor, un museo de feiras, tendas de produtos ecolóxicos e artesanía, etc. non debería caer no esquecemento.
7.- Cómpre destacar a unanimidade expresada polos artesáns que participaron o ano pasado en sinalar Os Pendellos como un espazo inigualable para unha Mostra de Artesanía e Gastronomía. Eu engadiría que a restauración íntegra do recinto co Paseo da Parranda recuperado cos seus pendellos-expositor en ambas beiras contribuiría a realzar e potenciar calquera uso que se lle queira dar.
8.- A restauración parcial dos Pendellos  é a que fixo posible que a Xunta se fixase neste lugar para levar a cabo esta plausible iniciativa. Co recinto no seu anterior estado isto non sería factible. Vénse a confirmar que o gran referente e dinamizador de Agolada son Os Pendellos.
Déixovos a continuación unha presentación con imaxes da Xunta de Galicia que recollen o Encontro de Artesanía de 2012:

Información oficial do evento.
Programa de actos pormenorizado.
Fundación Centro Galego da Artesanía e do Deseño

1 comentario:

  1. Felicidades á Agolada por ter algo tan identificador, como os pendellos, de non ser polo esforzo de Amigos dos Penedellos e sobre todo de vostede sr. Manolo Busto, seguro que todo estaría derrubado.
    Felidades por non deixar morrer o noso.
    Desde o Pico Sacro

    ResponderEliminar