5 de decembro de 2016

PENDELLOS DE CARRAPICHANA




Hai veces en que non nos paramos a pensar porque o asunto carece de trascendencia. Matinar en pendellos de feira creo que é un deses asuntos que a poucas persoas lles pode suscitar un pensamento. E con iso tamén é lóxico inferir que moi poucos terán reparado na xeografía dos pendellos, é dicir, qué áreas xeográficas da península albergan estas populares e humildes construcións que naceron por e para o mercadeo.
Portugal ten pendellos, por exemplo estes de Carrapichana. Carrapichana é unha pequena freguesía (269 habitantes) do concelho de Celorico da Beira no distrito de Guarda. Pendellos expositores e bancadas. Construcións moi semellantes na morfoloxía aos que coñecemos aquí en Galicia. Quizais varíen algúns materiais e cores. O resto é un espazo aberto pavimentado co característico lastro tan propio de Portugal.



Ningún comentario:

Publicar un comentario