29 de outubro de 2017

DOCUMENTO QUE ACREDITA O TOPÓNIMO AGOLADA

Agradezo este novo documento que me envía desde Ventosa Luís Fernando Pérez Méndez. Reforza e documenta  en 1796 o verdadeiro topónimo da vila dos Pendellos: AGOLADA. E isto cómpre, de vez en cando, recordalo. Para convencer incrédulos, para desmentir falacias, para alumar coa luz documental a verdade da nosa orixe e da grafía auténtica que nos deu nome.
E perdóenme que insista tamén no xentilicio. Á voz Agolada correspóndelle o radical Agolad- . Débese completar este radical cos sufixos -és/esa. Por tanto, agoladés/agoladesa.  E por vía culta correspóndelle o radical Aqualat- e o sufixo -ense. Por tanto: aqualatense.
Nesta mesma páxina levamos aportado argumentos abondo. Non sei se non sabemos difundilos, pero hai quen se resiste a corrixir o ilóxico xentilicio de agolense.  (???)

Ningún comentario:

Publicar un comentario