23 de decembro de 2017

RENACEN PENDELLOS

Hai poucos días traía aquí noticia do incio das obras de restauración de dous pendellos-comedor. Hoxe xa podemos ver algún avance nas mesmas. Aledámonos outra vez máis de ver esta arquitectura recuperada para os usos actuais, renacida en ave fénix. 
Estas obras supoñen un avance máis, pequeno, pero tamén importante para conquerir a ansiada restauración íntegra do vello mercado da feira. Queda unha porcentaxe baixa de edificios por recuperar. E destes, a case totalidade aínda están en mans privadas. Cando estes pendellos luzan no seu esplendor restaurado, o paso seguinte creo que consistiría en focalizar todos os esforzos na recuperación do Paseo da Parranda e a continuación todo debería orientarse a tirarlle o máximo proveito ás diferentes construcións: mesóns, cafetería, tendas, feira, eventos, actos culturais, exposicións, concertos... Con programación diferenciada de actos periódicos por un lado e actos discrecionais polo outro.
Cómpre rendibilizar o investimento que se fixo nos Pendellos, cantidade que está preto dos dous millóns de euros. A infrautilización ou o abandono nin son desexables nin coherentes co esforzo económico das arcas públicas.

Ningún comentario:

Publicar un comentario