5 de febreiro de 2018

BALNEARIO DE CALDELAS DE VILARIÑO (AGOLADA): INAUGURACIÓN E DECLIVE


 En 1963 Manuel Galego Iglesias actuou como fotógrafo e como correspondente do Faro de Vigo dándonos conta da inauguración do Balneario de Caldelas de Vilariño, á que asistiran o propietario do mesmo, D. Antonio Vilariño Vázquez, o Xefe Provincial de Sanidade, D. Julio Casal Castro, acompañado dun químico, D.Juan Ugarte Pollano e o médico-director do balneario, D. Enrique Barcala Loureiro. Previamente as instalacións foran bendicidas polo párroco de Vilariño, D. Manuel Diéguez Diéguez.

O edificio que alberga o manancial e o pavillón de duchas e salas lucían recén remozados.                                Este manancial foi cualificado e recoñecido como auga mineral o 12 de decembro de 1958 pola Dirección General de Minas. No orde terapéutico foron recoñecidas como augas mineromedicinais pola súa condición acratopega, intensamente alcalina, bicarbonatada sódica e sulfurada, rica en fluoruro sódico e en ácido metasilícico, segundo as análises da época.
O edificio posuía varias salas con bañeiras en dependencias alicatadas.
Igualmente había salas de chorros e consultas.










Vista do corredor central do pavillón principal.
 Nestas imaxes vemos ao propietario, o médico e as autoridades provinciais de Sanidade, o día da inauguración.

O balneario funcionou como tal desde 1963 ata os inicios dos anos 70. Descoñecemos as razóns que provocaron o seu peche. Desde entón os edificios foron abandonados e o declive  e deterioración foron sumándose inexorables.
Estado actual do pavillón central.
O balneario está situado na parroquia de Vilariño, moi preto do río Arnego e da actual Ponte Vilariño. O Arnego posúe outras dúas resurxencias  de augas caldas, unha en Ferreiroa na zona de Paizás e outra preto da Ponte dos Cabalos.
Construción que alberga o manancial, completamente absorbida pola vexetación na actualidade.
O pavillón da fonte presentaba este estado o pasado sábado.

A fonte segue a manar augas caldelas, é dicir mornas, temperaturas que seica oscilan entre os 20 e os 30ºC.

 O pavillón central visto desde a caseta da fonte.
Interior e salas en completo abandono e ruína.


Artículo remitido por Manuel Galego Iglesias a Faro de Vigo o 28-8-1963


1 comentario: