11 de febreiro de 2018

NON VISTE DE ENTROIDO


Manuel Galego Iglesias, nos inicios dos anos 60, retratou as xentes de Agolada, nas festas, nas cerimonias, na rúa, na casa. Non tomou imaxes de estudio porque non o tiña, aínda que nalgunha ocasión ensaiou tal posibilidade. Tamén captou ás persoas no seu entorno, con toda a espontaneidade do momento. Como a este home da imaxe, de quen descoñezo a identidade. Entre as razóns que motivaron esta imaxe podemos aventurar a petición expresa do retratado, ou que a indumentaria estrafalaria que vestía suscitase o interese plástico do fotógrafo. Non era esta unha indumentaria estraña e inusual. Labregos, traballadores, ás veces con escasos recursos económicos, estaban obrigados a vestir farrapos ou prendas tan remendadas nas que a parte orixinal era anecdótica.
Naqueles anos celebrábase pouco o entroido e cando se facía usábanse frecuentemente roupas vellas combinadas ao chou para disfrazarse. Mais, neste caso o noso personaxe non creo que vestise de entroido.

Ningún comentario:

Publicar un comentario